InicioSucesosMorre un pontenovés de 76 anos ao envorcar o tractor que conducía

Morre un pontenovés de 76 anos ao envorcar o tractor que conducía

Os servizos de emerxencias excarceraron o corpo sen vida do ancián, residente en Aldeguer

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 76 anos faleceu na mañá deste xoves no concello da Pontenova, ao envorcar o tractor que conducía.

O accidente aconteceu na parroquia de San Xulián de  Vilaboa. O falecido residía no lugar de Aldeguer ou Vilar de Guerra.

O 112 tivo aviso do sinistro ás 11.00 horas. Unha vez cargado, o vehículo envorcou e atrapou ao condutor.

Desprazáronse ata o lugar do accidente o GES da Pontenova, os bombeiros de Barreiros e persoal sanitario de urxencia.

EXCARCERACIÓN

A vítima faleceu no acto e os servizos de emerxencias deberon excarcerar o corpo sen vida do ancián.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...