Un mozo falece nun accidente en Trabada tras saírse da vía e bater contra un muro

O sinistro tivo lugar pouco antes da medianoite no quilómetro 6 da estrada LU-P-6101, ao seu paso pola parroquia de Sante

LU-P-6101 ao seu paso por Sante. GOOGLE MAPS

Un mozo faleceu durante a noite deste domingo nun accidente de circulación rexistrado no municipio lucense de Trabada.

En concreto, segundo a información do CIAE 112-Galicia, o sinistro tivo lugar pouco antes da medianoite no quilómetro 6 da estrada LU-P-6101, ao seu paso pola parroquia de Sante, en Trabada.

De acordo coa información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar do sinistro, a persoa que conducía o turismo perdeu a vida ao saírse da vía e chocar contra un muro.

Ata a zona do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Barreiros e do GES da Pontenova, así como persoal sanitario do 061 que, con todo, non puido facer nada por salvar a vida á vítima.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here