A Garda Civil informou este xoves, a través dun comunicado de prensa, de que tivo coñecemento dun suposto delito de cultivo ou elaboración de plantas de cannabis, ademais dun presunto delito de defraudación eléctrica, nunha vivenda situada en Fazouro, Foz.
No marco da investigación ‘Pampillosa‘, de acordo coa mesma fonte, os axentes rexistraron o garaxe dunha vivenda e poideron constatar “unha conexión ilegal á rede de fluído eléctrico verificado por técnicos cualificados pertencentes a unha empresa subministradora de fornezo de electricidade, a cal alimentaba unha instalación perfectamente estruturada” no mencionado espazo.
Unha vez no garaxe, a Garda Civil observou “unha plantación de tipo cannábica na vertente ‘Indoor’, existindo 245 macetas con talos, e un sistema autónomo de electricidade que alimentaba ventiladores, iluminación e todos os elementos necesarios para o cultivo de devanditas substancias”.
Por todo o anteriormente exposto, “intervíronse as substancias estupefacientes, útiles instalados para a comisión dos feitos e procédese á desarticulación do punto de cultivo e defraudación eléctrica”, expón o Instituto Armado, que concreta que a investigación policial “continúa aberta“.