InicioSucesos(VÍDEO) Localizada en Fazouro unha plantación de cannabis con 245 talos

(VÍDEO) Localizada en Fazouro unha plantación de cannabis con 245 talos

O cultivo localizouse no garaxe dunha vivenda da localidade focega, cunha instalación "estruturada" e un "sistema autónomo de electricidade que alimentaba ventiladores e iluminación"

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil informou este xoves, a través dun comunicado de prensa, de que tivo coñecemento dun suposto delito de cultivo ou elaboración de plantas de cannabis, ademais dun presunto delito de defraudación eléctrica, nunha vivenda situada en Fazouro, Foz.

No marco da investigación ‘Pampillosa‘, de acordo coa mesma fonte, os axentes rexistraron o garaxe dunha vivenda e poideron constatar “unha conexión ilegal á rede de fluído eléctrico verificado por técnicos cualificados pertencentes a unha empresa subministradora de fornezo de electricidade, a cal alimentaba unha instalación perfectamente estruturada” no mencionado espazo.

Unha vez no garaxe, a Garda Civil observou “unha plantación de tipo cannábica na vertente ‘Indoor’, existindo 245 macetas con talos, e un sistema autónomo de electricidade que alimentaba ventiladores, iluminación e todos os elementos necesarios para o cultivo de devanditas substancias”.

Por todo o anteriormente exposto, “intervíronse as substancias estupefacientes, útiles instalados para a comisión dos feitos e procédese á desarticulación do punto de cultivo e defraudación eléctrica”, expón o Instituto Armado, que concreta que a investigación policialcontinúa aberta“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...