A Garda Civil informou de que imputou en calidade de investigada, na estrada LU-P-1504 -Río Covo-fábricas de Sargadelos, no municipio de Cervo-, a unha veciña de Xove, de 40 anos de idade, como suposta autora dun delito contra a seguridade vial.
Segundo expón o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, tras dar os axentes o alto a un turismo que circulaba á altura do km. 4 da citada estrada, a condutora foi sometida ás probas de detección alcólica, arroxando un resultado positivo de 0,89 miligramos de alcol por litro de aire espirado.
De acordo coa mesma fonte, a persoa investigada foi posta a disposición xudicial.