Dúas persoas, un home e unha muller de avanzada idade, resultaron feridas leves tras saírse da vía o coche que conducía na estrada de Alemparte, na parroquia de Cangas, municipio de Foz. O vehículo precipitouse por un desnivel cando circulaba en dirección á N-642.
Foi unha persoa particular quen deu aviso do accidente ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia. Pedía axuda para o condutor do vehículo, que non resultara ferido de gravidade pero que non podía abandoar o mesmo, situado en pendente. Deste xeito, reclamou unha intervención para poder estabilizar o turismo e que non rematara de precipitarse.
O 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Barreiros, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Foz, que unha vez no sitio comprobou que a persoa puido finalmente saír polo seu propio pé do vehículo, precisando asistencia médica.