EFE. A Comisión Galega de Control da Violencia resolveu dous expedientes con multas de 600 euros a un espectador do Rally da Mariña e a outro dun partido de fútbol por incumplir as normas de seguridade.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu a reunión da Comisión, recordou a “radical incompatibilidade entre o deporte e calquera forma de violencia“, e avogou por “actuar con contundencia e con firmeza pero tamén desde o acougo e a proporcionalidade”.
O primeiro dos dous expedientes resoltos impón unha sanción de 600 euros a un espectador do I Rally Mariña Lucense por incumplir as normas mínimas de seguridade ao acceder co seu vehículo a un tramo da vía restrinxido ao tráfico.
O segundo, ademais dos 600 euros, establece a prohibición de acceso a calquera recinto deportivo por un período de seis meses a un espectador do partido de fútbol xuvenil entre o Velle B e o Seixalbo polos insultos proferidos ao árbitro do encontro.
Ademais, 28 espectadores foron denunciados por cruzar polo percorrido dun tramo cronometrado do 51 Rally de Ferrol e outros tres espectadores da decimoquinta etapa da Volta Ciclista España, entre Mos e Puebla de Sanabria, por cruzar por unha avenida mentres discorría a competición.
Eses casos, segundo informa a secretaría xeral para o Deporte, serán remitidos á Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia nel Deporte.