Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, foi o propio residente da vivenda o que alertou aos servizos de emerxencia e explicou que se esqueceu as chaves dentro da súa casa, cando tiña unha tixola ao lume.
O CIAE 112 explicou que, coa axuda dun veciño, o home conseguiu botar a porta abaixo e facilitar a entrada aos Bombeiros de Viveiro, que acudiron avisados polo persoal do 112 Galicia.
Con eles colaboraron os voluntarios de Protección Civil da localidade e prestaron apoio os axentes da Policía Local. A pesar dos danos materiais causados na cociña, ningunha persoa necesitou asistencia médica.