InicioSucesosInvestigan un veciño de Burela pola morte de case 500 troitas e...

Investigan un veciño de Burela pola morte de case 500 troitas e reos no río Xunco

A investigación tenta confirmar se un presunto vertido na zona do Paseo dos Namorados ten orixe "na limpeza do chan mediante baldeo, tras un derrame de policloruro de aluminio"

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Burela como suposto autor dun delito medioambiental.

Segundo expón o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) tiveron coñecemento da existencia dun presunto vertido no río Xunco, nun tramo que discorre nas inmediacións da fervenza do Paseo dos Namorados.

Unha vez no lugar comprobouse que ao longo duns seis quilómetros de tramo foron recuperados falecidos 470 peixes, troitas e reos.

Segundo indica a Garda Civil, a investigación tenta confirmar “se a súa orixe está na limpeza do chan mediante un sistema de baldeo, tras producirse un derrame de policloruro de aluminio con filtración do citado produto ao río a través de arquetas de augas pluviais”.

Desde o Concello puxeron o pasado 28 de agosto os feitos en coñecemento do Seprona, descartando daquela “nunha primeira análise” que tivesen relación co funcionamento das depuradoras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...