InicioSucesosBombeiros volven ao alpendre que se incendiou en Mondoñedo para evitar que...

Bombeiros volven ao alpendre que se incendiou en Mondoñedo para evitar que se reavive

Debido á cantidade de madeira acumulada, os profesionais desprazáronse de novo ata o lugar para remover e desescombrar

Publicada o

- Advertisement -

Os Bombeiros de Barreiros acudiron na mañá deste martes á palleira con leña almacenada onde se rexistrou un incendio na noite do pasado luns no municipio de Mondoñedo coa fin de evitar que se reavive.

Así o informou o 112 Galicia, que relatou que na mañá deste martes os Bombeiros de Barreiros desprazaron de novo efectivos ata o lugar do incendio declarado na noite deste luns nun alpendre “con grandes cantidades de leña almacenada”, no concello lucense de Mondoñedo.

Durante varias horas os bombeiros traballaron para sufocar as chamas e evitar que o lume se propagase ás casas lindeiras, destacou o 112 Galicia.

Aínda así, tras dar por finalizadas as tarefas de extinción e, debido á cantidade de leña acumulada, á primeira hora da mañá deste martes bombeiros desprazáronse ata o lugar para remover e desescombrar, co fin de evitar que o lume se reavive.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...