InicioSucesosEspectacular abordaxe fronte á costa de Ribadeo a un barco que levaba...

Espectacular abordaxe fronte á costa de Ribadeo a un barco que levaba tres toneladas de cocaína

Foron detidos os nove tripulantes do Nehir, de tripulación xeorxiana e turca; os mariñeiros afundiron o barco para ocultar a carga ilícita, que foi recuperada

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O alixo de cocaína que transportaba un barco mercante interceptado este luns por un buque da Armada fronte á costa de Ribadeo rolda as tres toneladas, informaron fontes do Ministerio de Facenda.

Na denominada ‘Operación Bocanegra‘ foron detidos os nove tripulantes do Nehir, un barco de 52 metros de eslora e bandeira da República de Palau, ao que aqueles abriron unha vía de auga para afundilo ao verse sorprendidos en alta mar.

Os detidos, de nacionalidade xeorxiana e turca, pasarán a disposición xudicial “nos próximos días”.

No operativo colaboraron funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, xunto con axentes da Policía Nacional e da Garda Civil.

INVESTIGACIÓN INICIADA NA COMARCA DO SALNÉS

A investigación conxunta comezou en maio de 2020 tras ter coñecemento das presuntas actividades ilícitas dunha organización criminal asentada na comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra.

Tras analizar a información obtida na investigación, coordinada polo Xulgado central de instrución 1 da Audiencia Nacional, os axentes souberon dun transporte de cocaína que sería transbordada a outras embarcacións nalgún punto indeterminado das costas galegas.

As pesquisas centráronse no Nahir, cuxas características e ruta de navegación encaixaban co posible obxectivo da operación policial.

Ao mesmo tempo, os axentes tamén corroboraron que, debido a unha alerta meteorolóxica no litoral atlántico, non se podería facer transbordo a ningún outro barco ao paso do Nehir polas costas galegas, motivo polo cal decidiuse a súa abordaxe.

No operativo participaron o buque de acción marítima Serviola da Armada Española, con forzas especializadas a bordo dos tres corpos intervintes; apoiado por un helicóptero e tres patrulleiras de Vixilancia Aduanera e unha patrullera da Garda Civil.

O Nahir foi abordado por equipos policiais de élite GEO que localizaron “gran cantidade de fardos“, similares aos habitualmente utilizados para transportar substancias estupefacientes, ocultos nun compartimento do barco.

RECUPERÁRONSE TODOS OS FARDOS

Durante o asalto, a tripulación do Nehir, véndose sen ningunha posibilidade de fuxida, accionou algún dispositivo que provocou a rápida inundación de todos os compartimentos da nave coa intención de non deixar rastro algún da súa carga ilícita conseguindo que, en pouco máis de dúas horas, o buque se afundise totalmente.

A rápida acción de todos os axentes e tripulación do buque Serviola de Salvamento Marítimo permitiu non só a recuperación de todos os fardos onde viña a droga e o resto de efectos relacionados cos feitos investigados, senón tamén o rescate de toda a tripulación sen dano algún.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...