Un home de 84 anos foi localizado sen vida debaixo dun tractor que manexaba nunha leira situada en Cima de Vila, no termo municipal de Ribadeo.
Así o informou o 112 Galicia, que recibiu o aviso ás 19.30 horas deste martes mediante a chamada de alerta dun veciño que atopou á persoa atrapada debaixo do vehículo agrícola.
Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Barreiros para liberar á vítima, aínda que xa sen constantes vitais, sinalaron as mesmas fontes.
Ademais, neste operativo participaron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Local e Garda Civil, co fin de coñecer todos os datos relacionados con este suceso.