Morre un home de 84 anos en Ribadeo ao quedar debaixo dun tractor

No rescate do corpo participaron os bombeiros de Barreiros

Foto de arquivo dun accidente de tractor. AXM

Un home de 84 anos foi localizado sen vida debaixo dun tractor que manexaba nunha leira situada en Cima de Vila, no termo municipal de Ribadeo.

Así o informou o 112 Galicia, que recibiu o aviso ás 19.30 horas deste martes mediante a chamada de alerta dun veciño que atopou á persoa atrapada debaixo do vehículo agrícola.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Barreiros para liberar á vítima, aínda que xa sen constantes vitais, sinalaron as mesmas fontes.

Ademais, neste operativo participaron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Local e Garda Civil, co fin de coñecer todos os datos relacionados con este suceso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here