InicioSucesosDetido grazas á colaboración da veciñanza o presunto autor de varios roubos...

Detido grazas á colaboración da veciñanza o presunto autor de varios roubos nun garaxe de Viveiro

A Policía Nacional recibira denuncias pola subtracción de pezas mecánicas de varios vehículos e do casco dunha moto, así como dun arrancador de baterías dun vehículo próximo ao párking

Publicada o

A Policía Nacional de Viveiro informou de que, grazas á colaboración cidadá, conseguiu esclarecer “varios delitos contra o patrimonio ocorridos nas últimas semanas no interior dun garaxe comunitario, así como nos arredores do mesmo”. O presunto autor dos roubos foi detido por mor da participación veciñal.
Tras recibir varias denuncias pola subtracción de pezas mecánicas de varios vehículos, o casco dunha moto, así como dun arrancador de baterías -este último subtraído dun vehículo que se atopaba no exterior, pero próximo ao devandito garaxe-, iniciouse unha investigación dos feitos. O grupo operativo local da Comisaría conseguiu así identificar un mozo como presunto autor, procedendo á súa detención e á súa posta a disposición xudicial.

ÁREA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Policía Nacional remarca que ten “como principal canle de comunicación cos cidadáns a figura do delegado de participación cidadá existente en cada Comisaría, o cal establecerá contactos periódicos con todos os colectivos, canalizará as informacións, suxerencias e propostas ofrecidas por estes e trasladaraos ás unidades policiais correspondentes para dar solución aos problemas expostos, realizando un seguimento de todas as actuacións e informando do resultado”. Así, convida a participar ben nas dependencias policiais ben no correo electrónico participa@policia.es.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...