InicioSucesosDesarticulada unha rede de tráfico de drogas na Mariña con seis detidos

Desarticulada unha rede de tráfico de drogas na Mariña con seis detidos

A operación Thorir saldouse cun arresto en Eibar, outros tres en Foz e outro en Barreiros; catro dos investigados foron a prisión

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da operación Thorir contra o tráfico de estupefacientes, desarticulou unha rede de tráfico de drogas, integrada na súa maioría por cidadáns residentes na Mariña lucense.

A operación iniciouse tras ter coñecemento que servizos de prostitución na zona poderían estar vinculados ao consumo de estupefacientes e ao tráfico ilícito destas drogas, segundo concreta o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa.

Trala análise de movementos de persoas vinculadas á distribución de estupefacientes durante o confinamiento da Covid-19, detectouse que se saltaban as ordes de confinamento sen razóns nin causas xustificativas para a súa saída, intensificando a súa actividade ilícita no momento da desescalada, ata tal punto que se fornecían de provincias como Guipúscoa, de onde procedía a partida máis cuantiosa que precipitou a explotación da operación. Tras varios meses de investigación, logrouse identificar aos principais integrantes da rede que foron finalmente detidos e privados dos beneficios do tráfico ilícito.

VIAXABA CON SEIS QUILOS DE HAXIX OCULTOS NA RODA DE REPOSTO ACOMPAÑADO DAS FILLAS MENORES

Así, en coordinación co Xulgado de Instrución número 2 de Mondoñedo (Lugo), concretouse a primeira detención, a dun veciño de Eibar (Guipúscoa) de 41 anos de idade, quen se dirixía á Mariña con seis quilogramos de haxix perfectamente ocultos na roda de reposto do turismo no que viaxaba con tres das súas fillas menores, a fin de ocultar a natureza ilícita da viaxe ante un posible control “covid”. Para detectar e acceder ao estupefaciente foi necesario un exhaustivo rexistro do vehículo, no que participou o Servizo Cinolóxico da Garda Civil.

Droga oculta na roda do coche. AXM

UN DOS DETIDOS VARRÍA A ZONA PARA ALERTAR DE POSIBLES CONTROIS

A persoa detida contaba coa colaboración dos presuntos destinatarios, os cales varrían a zona ao obxecto de detectar presenza policial nas entradas ás localidades da Mariña, indicando os mellores días para acceder á Comunidade Autónoma e descartando nos que se sucederon controis na autovía A-8.

Na fase de explotación procedeuse á detención dun veciño de Foz, de 36 anos de idade, presunto destinatario para a súa distribución do estupefaciente intervido e quen se encargaba das contra-vixilancias policiais. Tras estas detencións realizouse un rexistro na vivenda deste último no que se atoparon máis substancias das mesmas características aprehendidas na actuación inicial e diñeiro presuntamente procedente do enriquecimiento ilícito.

INTERVIDOS SEIS QUILOS DE HAXIX, 100 GRAMOS DE COCAÍNA E 40.000 EUROS EN EFECTIVO

Nunha segunda fase procedeuse á detención de dous veciños de Foz, de 40 e de 42 anos e un veciño de Barreiros (Lugo) de 43 anos.

No caso destes dous últimos fóronlles intervidos cocaína e haxix, dispostos para a venda, achados tanto no momento da súa detención como nos dous rexistros levados a cabo nas localidades de Foz e Barreiros.

Precisamente un dos domicilios de Foz era compartido por estas dúas persoas como lugar de seguridade, achándose no trasteiro o lugar para a pesaxe, corte e distribución en dose.

INVESTIGADO UN VECIÑO DE LA CARIDAD POR SUPOSTAMENTE COACCIONAR A TERCEIROS PARA RECUPERAR DIÑEIRO

Na fase final da operación procedeuse a imputar en calidade de investigado a un veciño de La Caridad (Asturias) de 33 anos de idade, por participar presuntamente nun delito de coaccións, ao compartir cos outros acusados un episodio para recuperar diñeiro procedente do tráfico de drogas e servizos de prostitución. Tras ser postos a disposición xudicial decretouse o ingreso en prisión de catro dos investigados, dando por finalizada esta operación contra o tráfico de drogas na Mariña Lucense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...