InicioSucesosUn operario dunha granxa de Barreiros sofre lesións de gravidade ao caerlle...

Un operario dunha granxa de Barreiros sofre lesións de gravidade ao caerlle enriba unha vaca

Todo ocorreu sobre as dez e media da mañá nunha explotación agrícola do lugar de Ladrido

Publicada o

- Advertisement -

Un operario dunha granxa ubicada no municipio de Barreiros sofre lesións de importancia ao caerlle enriba unha vaca. Así o confirmou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia.

Todo ocorreu no lugar onde está situada a explotación agrícola para a cal o home traballa, en Ladrido, na parroquia de San Xusto de Cabarcos do concello de Barreiros.

Unha persoa particular foi quen chamou ao 112 Galicia, sobre as dez e media desta mañá, para solicitar asistencia sanitaria para un traballador que resultase ferido. Trala conversación, o alertante indicou aos xestores de urxencias que unha vaca caéralle enriba ao operario.

Así, con estes datos, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...