Parte do tellado dunha casa caeu na tarde deste luns en Burela, sen que houbese que lamentar danos persoais.
En concreto, o suceso produciuse ás 15.30 horas na rúa José María González, á altura do número cinco. Trátase da urbanización coñecida como as casas baratas.
No edificio vive un ancián que no momento do suceso estaba no domicilio, aínda que non sufriu danos.
O 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Barreiros, á Policía Local de Burela e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, ademais de avisar aos servizos de emerxencia sanitarios.
A ZONA, PRECINTADA
Os bombeiros procederon á desescombrar e apuntalar o edificio e ao precintamento da zona para evitar consecuencias de producirse algún outro desprendemento.