InicioSucesosFalece ao bater o seu coche cunha casa en Abadín

Falece ao bater o seu coche cunha casa en Abadín

Ocorreu á altura da igrexa de Candia; os servizos de emerxencias só poideron confirmar a morte do único ocupante do vehículo

Publicada o

- Advertisement -

Unha persoa faleceu na mañá deste mércores tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba á altura da igrexa da parroquia de Candia, no concello de Abadín. Segundo informou o 112 Galicia, tivo constancia dos feitos tras recibir a chamada de alerta dunha persoa particular cando estaban a piques de dar as 8.00 horas deste mércores.

Segundo a información facilitada pola testemuña do sinistro, a persoa estaba inconsciente, pero liberada e accesible, despois de sufrir unha saída de vía co seu turismo.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade das lesións, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Así mesmo, os Bombeiros de Vilalba e axentes da Garda Civil de Tráfico tamén foron avisados polos xestores do 112 por mor deste accidente de tráfico. Ao chegar ao lugar do sinistro, os equipos de intervención soamente puideron confirmar o falecemento da única persoa ocupante do turismo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...