InicioSucesosInvestigan un veciño de Ribadeo por roubar material dunha empresa madereira valorado...

Investigan un veciño de Ribadeo por roubar material dunha empresa madereira valorado en 11.000 euros

De acordo coa Garda Civil, o presunto autor dos feitos tería furtado gasoil, repostos de maquinaria ou motoserras durante catro meses

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un home rumano, veciño de Ribadeo, de 25 anos de idade como suposto autor dun delito de furto. Así o expuxo o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa.

O presunto autor, tras acceder ás instalacións dunha empresa madereira, subtraeu supostamente ao longo de catro meses diverso material, entre o que se atopa gasoil, aceites, repostos de maquinaria e motoserras.

A valoración do material subtraído ascende a 11.000 euros. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial, segundo concreta a Garda Civil na mesma nota remitida aos medios de comunicación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...