InicioSucesosFalece un dos homes rescatados tras afundirse o seu bote en Viveiro

Falece un dos homes rescatados tras afundirse o seu bote en Viveiro

Ocorreu fronte á Illa da Insua; o fillo do finado, que permanece ingresado, conseguira chegar ás rochas

Publicada o

- Advertisement -

Un home faleceu este martes tras ser rescatado cunha das aeronaves de Salvamento despois de que a súa embarcación afundise fronte á Illa da Insua, no concello de Viveiro. Tamén foi auxiliado o seu fillo.

A poucos minutos da unha da tarde, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que estaba a escoitar berros procedentes do mar, preto da praia lucense de Area. Nese momento, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deu aviso ao posto de Salvamento Marítimo de Fisterra, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Nacional e Local de Viveiro, aos axentes da Garda Civil, aos membros de Protección Civil do municipio e aos profesionais do 061.

Intres máis tarde, Salvamento Marítimo confirmou que o seu helicóptero de rescate Pesca-II acababa de rescatar a un home da auga e que había outro, o seu fillo que conseguira chegar ata as rochas. Con todo, ambas persoas, que se atopaban facendo pesca deportiva, foron evacuados ata o Hospital da Mariña, onde finalmente unha delas faleceu. O fillo está ingresado.

DOUS POLICÍAS EVACUADOS

Dous policías que interviñeron tiveron que ser evacuados no helicóptero Pesca-II do Servizo de Gardacostas de Galicia ata o heliporto de Celeiro, despois de axudar a un dos náufragos a saír da auga. Segundo a información recollida no 112 Galicia, os dous axentes atopábanse ben e non precisaron asistencia médica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...