A Garda Civil comisou 8.000 quilos de cabala en varios controis a camións na Mariña lucense realizados para velar polo cumprimento da normativa de pesca desta especie.
En concreto, na A-8, os axentes identificaron á o condutor dun camión no que observaron que tanto os palets como os envases carecían de etiqueta, polo que non podía relacionarse a carga coa documentación presentada.
Segundo informou o Instituto armado, ao pesar a carga, esta deu como resultado un total de 21.000 quilos de cabala, mentres que a documentación achegada polo condutor amparaba só 16.000 quilos. Por iso, a Garda Civil procedeu ao comiso dos 5.000 quilos restantes.
Ademais, durante outro control, os axentes descargaron outro camión no que acharon 3.500 quilos de cabala sen etiquetar. A Garda Civil sinala que ambos os comisos proceden do mesmo armador que, segundo apunta, cambiou de porto supostamente para despistar. Ademais, declarou que lle roubaron as etiquetas.