InicioSucesosFerida unha muller tras bater un camión e un coche na N-634...

Ferida unha muller tras bater un camión e un coche na N-634 á altura de Reinante

A condutora do turismo foi trasladada ao hospital con mareos e un corte na cabeza

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida nunha colisión entre un camión e un coche na N-634, case á altura de San Miguel de Reinante, no municipio de Barreiros.

O 112 recibiu aviso do accidente sobre as 9.00 horas e mobilizou cara a zona aos servizos de urxencias sanitarias, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e Bombeiros de Barreiros.

Afortunadamente, o choque non foi frontal. O camión recibiu o impacto nunha esquina da carrocería e bateu contra uns colectores de lixo. O coche si padeceu danos sensibles.

O CAMIONEIRO, ILESO

O camioneiro resultou ileso e a condutora do turismo foi trasladada en ambulancia ata o Hospital da Costa, tras padecer mareos e un corte na cabeza. Non foi preciso excarcerala.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...