InicioSucesosCondenada por suborno a exsecretaria do Concello de Barreiros

Condenada por suborno a exsecretaria do Concello de Barreiros

A Audiencia de Lugo imponlle unha multa de 75.000 euros e unha suspensión de catro meses e medio por facerlle favores a un construtor a cambio de 100.000 euros.

Publicada o

- Advertisement -

A secretaria interventora do Concello de Barreiros foi condenada a unha multa de 75.000 euros e catro meses e medio de inhabilitación por facer favores a un construtor e promotor inmobiliario a cambio de 100.000 euros.

Nunha sentenza emitida o 27 de abril e contra a que cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo, a Audiencia Provincial de Lugo tamén condena, ademais da secretaria, o empresario e unha funcionaria que exercía como auxiliar administrativa no mesmo municipio.

A esta última, o tribunal impúxolle unha pena de 18 de meses de cárcere e un ano de inhabilitación para exercer na administración por un delito de falsidade en documento público, mentres que o empresario deberá abonar unha multa de 35.000 euros ao ser declarado culpable dun delito de suborno.

Ese mesmo delito é polo que tamén foi condenada a secretaria interventora municipal que, segundo consideran os maxistrados, aceptou 100.000 euros por realizar unha serie de favores a este promotor inmobiliario.  A Audiencia luguesa decidiu finalmente rebaixar a 75.000 euros a multa para a secretaria ao aplicar a atenuante de dilacións indebidas, posto que os feitos remóntanse ao ano 2007.

No caso do construtor, o tribunal optou pola tipificación máis baixa, dado que consideran que quedou explicitado se o pago de 100.000 euros foi por iniciativa da secretaria ou foi unha oferta do propio promotor.  Con todo, a sentenza fai fincapé en que o abono dos 100.000 euros “é un dato obxectivo e irrefutable” que os implicados non puideron xustificar dalgún modo.

De feito, existe unha gravación na que, segundo inciden os maxistrados, o construtor non nega “en absoluto” o pago dese diñeiro á secretaria, senón que o asunto en discusión era “como disimular” o abono desas cantidades.

AUXILIAR ADMINISTRATIVA

Para a auxiliar administrativa, que segundo o fallo xudicial realizou unha anotación para favorecer o expediente de construción de 51 vivendas, os maxistrados tamén deixan constancia na sentenza que se descoñece a identidade da persoa que lle indicou “a conveniencia” de deixar por escrito esa nota.

Por este motivo, a secretaria quedou absolta do delito de falsidade en documento público que tamén pesaba sobre ela, posto que non puido probarse que foi ela de quen partiu a suxestión a realizar a anotación levada a cabo pola auxiliar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...