Atropelado un menor no centro de Viveiro

O accidente tivo lugar este domingo.

Paso de peóns nunha rúa de Viveiro. EFE/ELISEO TRIGO

Un menor de idade resultou ferido leve tras ser atropelado por un vehículo á primeira hora da tarde deste domingo no centro de Viveiro.

Segundo informou o 112 Galicia, ocorreu pouco antes do tres da tarde na Avenida de Ferrol. Un particular que presenciou o accidente chamou á central de emerxencias para alertar do ocorrido.

O 112 pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e á Policía Local, que acudiron até o lugar. Tamén informou a Protección Civil e aos Bombeiros de Viveiro. O menor resultou ferido leve, polo que nin sequera tivo que ser trasladado a un centro sanitario.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here