InicioSucesosCinco feridos tras unha saída de vía en Lourenzá provocada por un...

Cinco feridos tras unha saída de vía en Lourenzá provocada por un animal

O condutor do vehículo avisou ao 112 logo de cerciorarse de que os ocupantes estaban accesibles

Publicada o

- Advertisement -

Cinco persoas resultaron feridas ao seu paso por Lourenzá logo de que o vehículo no que viaxaban saíse da vía ao cruzar a estrada un animal.

O sinistro produciuse no mediodía deste martes, concretamente na vía LU-122, entre o punto quilométrico 32 e o 33, dirección Meira.

O condutor do turismo avisou ao 112 Galicia e asegurouse de que todos os ocupantes estaban perfectamente accesibles.

DISPOSITIVO

Os xestores do 112 mobilizaron a bombeiros de Barreiros, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES da Pontenova e de Protección Civil da localidade.

Tras chegar ao punto e confirmarse que todos estaban accesibles, foron os técnicos sanitarios os que se encargaron da súa evacuación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...