Unha saída de vía dun vehículo na avenida do Perdouro, en Burela, provocou este martes un ferido e o corte de tráfico na vía por un verquido de gasoil.
O 112 Galicia recibiu aviso do sinistro ás 15.55 horas e mobilizou á Policía Local de Burela, Protección Civil, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo e aos bombeiros de Barreiros.
O accidente deixou un verquido de gasoil que ao parecer provén do vehículo. Os bombeiros procedeu á limpeza da estrada.
A Policía Local burelesa e mailo grupo de Protección Civil cortaron a circulación na avenida, zona de acceso a Burela desde a parte oriental da comarca e con moitos comercios e naves industriais, que se mantén pechada ao tráfico.
RESTABLECIDO
O tráfico en ambos sentidos foi restablecido ás 18.20 horas.