InicioSucesosOs bombeiros seguen traballando no polígono de Cuíña onde unha nave sufriu...

Os bombeiros seguen traballando no polígono de Cuíña onde unha nave sufriu un incendio

Os xestores do 112 informaron á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Burela, Ribadeo e da localidade.

Publicada o

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia continúan traballando para apagar o incendio rexistrado nunha nave de distribución de bebidas situada no Polígono Industrial de Cuiña, en Cervo.

Segundo informou o 112 Galicia, o incendio, do que informou un particular sobre as 15,45 horas, afecta o interior da nave, sen polo momento rexistrásense danos persoais.

Tras recibir o aviso, púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Barreiros e de Viveiro, dos membros do GES de Cervo, da Garda Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, mobilizaron, de forma preventiva, unha ambulancia ata o lugar.

Ademais, os xestores do 112 informaron á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Burela, Ribadeo e da localidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...