Unha saída de vía na madrugada do mércores preto do lugar da Venta, na parroquia cervense de Lieiro, deixou un ferido grave.
O 112 Galicia recibiu aviso do accidente por parte dun particular ás 5.52 horas. O sinistro produciuse no quilómetro 53 da N-642, que une Viveiro e Burela, cerca do viaducto de Río Covo.
Ata o lugar do sinistro desprazáronse membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, servizos de emerxencias sanitarias, axentes da Garda Civil e os Bombeiros de Viveiro, aínda que non foi preciso excarcerar ao condutor, único ocupante do vehículo.
TRASLADADO AO HOSPITAL
A persoa ferida foi trasladada ao Hospital Público da Mariña nunha ambulancia medicalizada.