InicioSucesosNova intervención de rescate en Mondoñedo para salvar a un home atrapado...

Nova intervención de rescate en Mondoñedo para salvar a un home atrapado nun arame de espiño

Foron mobilizados Protección Civil, Garda Civil, bombeiros e unha ambulancia.

Publicada o

- Advertisement -

Efectivos de emerxencias rescataron na noite deste pasado luns a un veciño do municipio de Mondoñedo que quedou atrapado nun arame de picos cando atravesaba unha zona de prados.

Así o informou o 112 Galicia, que destacou que se trata do segundo rescate levado a cabo en Mondoñedo en menos de 24 horas, nesta ocasión por unha persoa enganchada nun arame de picos, tras o catro deportistas que pasaron a noite do domingo no barranco Auga Alba.

Sobre as 23,00 horas deste luns a sala do 112 Galicia recibiu a chamada dun veciño que quedara atrapado nun arame de picos cando atravesaba unha zona de prados situada no lugar de Rego dos Cas, en Mondoñedo. Segundo asegurou o afectado, atopábase ben, a pesar dun golpe que recibira nas cervicais que lle provocaba algún mareo, apuntaron as mesmas fontes de emerxencias.

Para poder liberalo, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos voluntarios de Protección Civil da localidade, así como de axentes da Garda Civil e dos Bombeiros de Barreiros.

Finalmente, bastou a agrupación de voluntarios para rescatar ao afectado, que foi trasladado polo mesmo equipo a un centro de saúde da zona para unha revisión sanitaria. O 112 destacou que “a complexidade do seu rescate” residía na “dificultade de acceder e trasladar ao ferido por unha zona de campo cun regato intermedio sen posibilidade de bordearse”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...