InicioSucesosIngresado cun forte golpe na cabeza tras caer do tractor en Mondoñedo

Ingresado cun forte golpe na cabeza tras caer do tractor en Mondoñedo

O home foi ingresado no Hospital da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

Os servizos sanitarios evacuaron na noite deste pasado xoves ao Hospital de Burela a un home que sufriu unha caída mentres traballaba co seu tractor no municipio de Mondoñedo.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar poucos minutos antes das 22,00 horas do xoves nunha leira particular no lugar de O Arco, na parroquia de Masma.Os Bombeiros de Barreiros indicaron ao 112 Galicia que o home caera cando trataba de atar unha carga ao remolque do tractor e levou un forte golpe na cabeza.

Foi unha persoa particular quen chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para pedir axuda. Así, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento, os xestores do 112 pasaron aviso á Garda Civil, Policía Local e tamén aos efectivos de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...