InicioSucesosO cadáver achado na praia de San Miguel de Reinante é dun...

O cadáver achado na praia de San Miguel de Reinante é dun home duns 35 anos

Publicada o

- Advertisement -

O informe preliminar da autopsia do corpo sen vida aparecido este sábado entre as praias da Pasara e Arealonga, en San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, sinala que a identificación provisional correspondería a un home duns 35 anos, pendente de confirmar a través do ADN dun familiar.

O Xulgado de Instrución número 2 de Mondoñedo, en funcións de garda, foi o encargado de abrir dilixencias. Agora, a xuíza ordenará practicar as dilixencias que considere oportunas. Segundo fontes consultadas por Europa Press, parece que o cadáver levaría moito tempo na auga antes de ser atopado por unha persoa este sábado sobre as 17,00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...