InicioSucesosUn mozo de Cervo simula un asasinato en Madrid para entrar nunha...

Un mozo de Cervo simula un asasinato en Madrid para entrar nunha banda latina

O mozo está detido por simulación de delito.

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil denunciou por simulación de delito a un mozo de Cervo, de 25 anos de idade, que confesou cometer un falso asasinato en Fuenlabrada para que así o aceptasen nunha banda latina.

Segundo informan fontes do Instituto Armado a Europa Press, este individuo acudiu a semana pasada ao cuartel de Burela para confesar que matara a un home na localidade madrileña.
A partir dese momento, o mozo permaneceu como investigado e a Garda Civil iniciou as súas pescudas para comprobar se, efectivamente, rexistrouse algún falecemento en Fuenlabrada que coincidise cos datos que achegara.

Como os axentes non conseguiron constatar esta morte, comezaron a presionar con preguntas ao mozo, quen acabou por confesar que mentira co suposto asasinato porque era unha condición para entrar na banda latina. Deste xeito, a Garda Civil atribúelle un delito de simulación de delito e remitiu as actuacións ao Xulgado de Instrución de Viveiro

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...