Detidas seis persoas, entre elas, o home que ameazou cunha motoserra en Viveiro

Un home cunha motoserra en Viveiro / Tuiter

Policía Nacional detivo a seis persoas na localidade lucense de Viveiro tras unha pelexa que se produciu na madrugada deste domingo e na que un dos implicados chegou a usar unha motoserra como método de ameaza.

Segundo confirmaron fontes policiais a Europa Press, trátase de catro homes, que permanecen detidos á espera de pasar a disposición xudicial, e dúas mulleres, que xa quedaron en liberdade.

O 112 Galicia recibiu unha chamada, sobre as 3,00 horas da madrugada, na que se informaba desta pelexa fronte a un pub da Avenida Vilalba na que había varias persoas implicadas e algunha delas resultara ferida.

Con estes datos, os operadores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, da Policía Nacional e tamén da Policía Local. Segundo se observa nun vídeo que se pode ver en redes sociais, un dos implicados na pelexa utiliza unha motoserra como método de ameaza, aínda que non a chega a empregar contra ningunha das outras persoas participantes.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here