Un incendio calcinou unha nave industrial dedicada ao transporte de material agrícola no municipio lucense de Riotorto. Segundo informa o 112, o lume acabou con diversa maquinaria, rolos de herba seca e pneumáticos no interior do local, sen que se rexistrasen danos persoais.
Os feitos tiveron lugar na Rúa da Grova, minutos antes das 01,00 horas da pasada noite. Nese momento, unha persoa particular alertaba do incendio ao 112.
De maneira inmediata, os xestores do servizo solicitaron a intervención dos Bombeiros de Barreiros, do GES da Pontenova e dos axentes da Garda Civil. Ademais, desde o 112 Galicia informouse, como medida preventiva, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ás autoridades ambientais da Xunta de Galicia.