InicioSucesosMorre o home que se electrocutou mentres navegaba no Río Grande, en...

Morre o home que se electrocutou mentres navegaba no Río Grande, en Ribadeo

O veleiro chocou contra un cable eléctrico.

Publicada o

- Advertisement -

O home que o pasado domingo sufriu unha descarga eléctrica ao chocar o veleiro no que navegaba contra un cable en Ribadeo faleceu no peirao de Castropol, onde foi evacuado para recibir asistencia médica.

Segundo informou o 112, o ferido morreu a pesar dos intentos por reanimalo dos profesionais sanitarios. No veleiro ían outras dúas persoas que tamén foron trasladadas nunha embarcación privada ao mesmo peirao, en bo estado de saúde.

Un particular foi o que alertou do sucedido pasadas as 18,00 horas, relatando que o veleiro no que navegaban as tres persoas chocara cun cable eléctrico no río Eo, na entrada do río Grande. Engadía na súa chamada que un incendio estaba a afectar ao barco.

Os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Policía Local, de Protección Civil e da Garda Civil.

Pola súa banda, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Barreiros comprobaron que non había ningún indicio de incendio no veleiro e indicaron ao 112 que o persoal do Club Náutico de Ribadeo encargaríase de recoller a embarcación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...