Un home, J. A. M. C., foi condenado a un ano e un día de inhabilitación especial para o exercicio de calquera profesión que teña que ver con animais tras recoñecer que abusou dunha egua preñada en Vegadeo.
A vista oral ía celebrarse no Xulgado do Penal número 1 de Avilés, pero a Fiscalía e a defensa chegaron a un acordo de conformidade.
O fiscal aceptou rebaixar a pena, posto que en principio pedía para o acusado, que non tiña antecedentes penais, tres meses e un día de cárcere.
Os feitos sucederon, segundo o escrito da Fiscalía, o 17 de decembro de 2017 no lugar de Montouto.
SORPRENDIDO POLOS DONOS
O condenado introduciu de xeito brusco o seu brazo na vaxina do animal, que estaba en avanzado estado de xestación, causándolle un traumatismo vaxinal e desgarros na mucosa.
O agresor tiña os pantalóns baixados cando foi sorprendido polos propietarios do animal.