InicioSucesosUns rapaces rescatan unha muller de 86 anos da ría de Viveiro

Uns rapaces rescatan unha muller de 86 anos da ría de Viveiro

Un rapaz tirouse á auga de madrugada na zona do peirao vello para salvar á anciá

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller de 86 anos, veciña de Viveiro, foi rescatada por uns rapaces na madrugada do luns logo de que caese ou se precipitase á ría.

O suceso aconteceu sobre as 3.40 horas na zona do peirao vello, próxima á Ponte da Misericordia.

Logo de ver á muller na ría, un dos rapaces, tamén veciño de Viveiro, tirouse rapidamente a para sacar á señora da auga, o que conseguiu coa axuda da Policía Local e a Policía Nacional.

A muller foi trasladada, con síntomas de hipotermia, ao centro de saúde viveirense e posteriormente ao Hospital Público da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...