InicioSucesosDenunciado o condutor dun camión de 60 toneladas por conducir baixo os...

Denunciado o condutor dun camión de 60 toneladas por conducir baixo os efectos da cocaína

Por outra banda, a Garda Civil ha informado da detención dun veciño do municipio lucense de Barreiros, de 50 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública.

Publicada o

O condutor dun ‘megacamión’, vehículo articulado de 60.000 quilos de masa máxima autorizada, foi identificado pola Garda Civil da Mariña no punto quilométrico 522 da autovía A-8 tras dar positivo en cocaína. Segundo trasladou a Garda Civil, o condutor foi interceptado nun dispositivo policial de mostraxes de alcol, drogas, controis de velocidade e inspección de vehículos.
Alí, foi requirido para a realización das correspondentes probas de detección de drogas, nas que lanzou un resultado positivo por consumo de cocaína, pendente da confirmación por parte do laboratorio de referencia. Ante isto, os axentes formularon a denuncia segundo a vixente Lei de Seguridade viaria que sanciona os feitos con 1.000 euros e a detracción de seis puntos do permiso de condución.
Mentres, o vehículo quedou inmobilizado ata que se fixo cargo da súa condución outro condutor designado pola empresa, tras comprobarse que reunía os requisitos necesarios para facelo. Así mesmo, o Instituto Armado ha explicado que un ‘megacamión’ caracterízase por ter unha masa máxima autorizada de 60 toneladas, un 50% superior a un vehículo articulado “normal” e unha lonxitude de ata 25,25 metros. Ademais, necesitan para a súa circulación dunha autorización especial de circulación emitida pola Dirección Xeral de Tráfico.
DETIDO FOZ
Por outra banda, a Garda Civil ha informado da detención dun veciño do municipio lucense de Barreiros, de 50 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública. Segundo comunicou, a detención produciuse no marco dun servizo de seguridade cidadá en Foz, no que lle incautaron un total de 36 dose de suposta cocaína. Por este motivo, foi posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...