InicioCentralBurelaCandia pide "sensibilidade" ao Sareb nos desaloxos das vivendas protexidas de Burela

Candia pide “sensibilidade” ao Sareb nos desaloxos das vivendas protexidas de Burela

Di que se dependeran da Xunta a situación sería diferente.

Publicada o

A viceportavoz parlamentaria do PPdeG, Elena Candia, reclamou este luns “sensibilidade” á Sareb, que, segundo denunciou, xa enviou os primeiros avisos de desaloxo das vivendas de protección autonómica de Burela, un total de 16 afectadas por esta decisión. Os inquilinos están ao corrente de pago e tiñan a concesión ata o ano 2029, pero co paso de mans ao chamado ‘banco malo’ iniciouse este proceso de desafiuzamento. A tamén presidenta provincial do PP de Lugo reprochou que o Goberno central ten un 45 por cento de participación na Sareb, polo que censurou esta medida nun contexto no que, precisamente, pretende sacar adiante unha Lei de vivenda cuxo informe xurídico tombou o Consello Xeral do Poder Xudicial. Esta decisión xudicial, subliñou Elena Candia, vén dar ” a razón” á Xunta, que ten as competencias en vivenda de protección oficial, como son as de Burela. Precisamente, ao fío dela, Candia dixo que a Xunta trata de mediar neste asunto ou podería “facer valer” o contrato na vía xudicial, para que estas familias non sexan desaloxadas. Candia lamentou esta lei que “ía arranxar” a situación da vivenda en España mentres unha entidade participada polo Estado “está a rescindir contratos”. Así, ironizou con ese “espírito progresista e respectuoso” da lei, para concluír que dubida de que “pensen o mesmo” as familias afectadas por estes desaloxos. “Desde o Goberno e o grupo pedimos que se respecte esta condición”, sinalou, sobre a protección autonómica que rexe nas vivendas ata 2029.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...