(VÍDEO) O IES Perdouro aprende oratoria co Estudante Galeguista do 2018

O mozo invidente Marco Pereira, coordinador dun programa musical en Radio Burela, participou nun encontro con alumnado da Eso

Marco Pereira, durante o obradoiro. FACEBOOK GRANDES VOCES DO NOSO MUNDO

O radiofonista Marco Pereira Oliveira, estudante de Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela (USC), participou o pasado xoves nun obradoiro de oratoria dirixido a alumnado de segundo curso da ESO no IES Perdouro.

Este estudante invidente, natural de Xove, foi elixido o pasado curso como Estudante Galeguista do ano polo seu esforzo de difusión da cultura galega a través de Grandes Vozes do Noso Mundo, o programa de Radio Burela no que exerce como coordinador e locutor.

Co apoio de Edilson Sanches Tavares, xoven de orixe caboverdiana que estuda Bacharelato no IES Monte Castelo de Burela, Pereira prepara semanalmente un programa que inclúe 45 minutos de música cantada e un espazo de 15 minutos dedicados á conversa con grandes artistas como é o caso de Sés, Luar na Lubre, Davide Salvado ou Uxía Senlle.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here