Amon Amarth, Killswitch Engage ou Opeth, entre as novas bandas anunciadas polo Resurrection Fest

Os promotores do festival de Viveiro, que se celebrará do 1 ao 4 de xullo, confirman case 70 novas actuacións

Amon Amarth. JOHN McMURTRIE

A organización do Resurrection Fest anunciou na mañá deste luns case setenta novas bandas entre as que se atopan o grupo sueco de death metal melódico Amon Amarth ou os tamén escandinavos Opeth, coñecidos polo seu rock duro progresivo. Tamén estará no Resu 2020 a formación estadounidense de metalcore Killswitch Engage.

Amon Amarth actuará o mércores no escenario principal, nun concerto no que mostrará “unha gran produción no escenario para deleitarnos cun dos shows máis potentes da actualidade”, precisan os organizadores, que se refiren a Killswitch Engage como “unha das bandas máis pedidas”, mentres que resalta que Opeth tocarán por primeira vez no recinto de Lavandeiras, en Celeiro (Viveiro).

CARTEL POR DÍAS

Ademais, actuarán na Mariña Lucense na primeira fin de semana de xullo Of Mice & Men, Hank Von Hell, Bloodbath, Chelsea Grin, Angelus Apatrida, Vomitory, This Will Destroy You, Eskimo Callboy, Valient Thorr, Moscow Death Brigade, Employed to Serve, Infected Rain, Neaera, Planet of Zeus, Ego Kill Talent, The Picturebooks, Bleed From Within, Sasquatch, Dead Label, Mothership, Svalbard, Deadly Apples, Celeste, Skunk D. F., Gaerea, Aphonnic, True Mountains, Chris Masuak and the Viveiro Wave Riders Association, Adrift, Willis Drummond, Sound of Silence, El Altar del Holocausto, Graveyard, Skontra, Blaze Out, Bloodhunter, Broken Lingerie e Machina.

Tamén Totengott, Golpe Radikal, The Broken Horizon, Wasted Wiltons, Lèpoka, Eon, Sharon Stoner, We Exist Even Dead, Green Desert Water, Grima, Mind Driller, Bourbon, Bolu2 Death, Kids of Rage, Elephant Riders, Acidproyect, Arsian, Vieitör, Kaleikia, Fuzz Forward, The Dry Mouths, Blaze The Trail, Turbo Kraks, 4Copola, Bandera Negra DJs, Me Fritos And The Gimme Cheetos, Bulls on Parade, Seek ‘Em All máis as tres bandas gañadoras do concurso.

Ademais, os promotores do festival anunciaron o cartel por días: Amon Amarth será a cabeza de cartel do mércores; Judas Priest e Opeth a do xoves; System of a Down a do venres e KoRn a do sábado.

ESTE MARTES, OS ÚLTIMOS 3.000 ABONOS Á VENTA

Meshuggah, Heaven Shall Burn, Sepultura ou Madball son outras das bandas que actuarán na décimo quinta edición do festival, do 1 ao 4 de xullo. A organización poñerá este martes, ás 11.00 horas, os últimos 3.000 abonos e 500 entradas diarias para o festival.

Cartel do Resurrection Fest 2020. AXM

Os abonos de catro días custarán 165 euros máis gastos, por 155 dos de tres días; as entradas por xornada venderanse a 79 euros máis gastos (xoves, venres e sábado) e a 15 euros as do domingo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here