Os viveirenses poderán mercar abonos para o Resu a prezo reducido desde a mañá do venres

Os censados no municipio poderán adquirir entradas para tres días a 79 euros

Concerto no Resu. RESURRECTION FEST/MATAPADRE

O Resurrection Fest porá á venta a partir do vindeiro venres, 14 de febreiro, as entradas a prezo reducido para os empadroados en Viveiro, que poderán gozar de descontos para asistir á décimo quinta edición do festival, que inclúe actuacións como as de Judas Priest, KoRn ou System Of a Down, entre outras. Será do 1 ao 4 de xullo.

As entradas dispensaranse nos Claustros de San Francisco; só se poderá pagar con tarxeta, non con efectivo, e os horarios de apertura serán: venres de 09.30 a 14.00 horas. Poderán desfrutar destes abonos os censados fai máis de seis meses no municipio e deberá ensinarse o Documento Nacional de Identidade (DNI) á hora da compra e en taquilla (vai por nome, é dicir, non son transferibles, son nominativas).

O prezo será de 79 euros para os abonos de 3 días e 149 euros para os Pandemonium (entradas VIP). Ambas opcións estarán limitadas e só poderán comprarse ata o 30 de maio ou fin de existencias.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here