Sabela salva a gala 5 de OT tras ser unha das favoritas do público

Os telespectadores e mailo xurado valoraron a súa interpretación de 'Volar', de Macaco

Sabela e Damion, durante a súa actuación. RTVE

A cantante con raíces en Bravos Sabela Ramil seguirá en Operación Triunfo. A vocalista pontesa salvou a gala 5 do concurso con nota.

Sabela tivo que interpretar -desta volta xunto a Damion– unha canción afastada do seu estilo, como ocorreu varias veces desde o inicio do certame.

Sen embargo, a súa versión de ‘Volar’, de Macaco, valeulle para gañar o favor do xurado e do público.

O público elixiu á cantante galega entre os tres favoritos da gala. Con todo, Miki foi o concursante máis votado e quen obtivo o pase á seguinte rolda.

DAMION E MARTA, NOMINADOS

Sabela dependía do xurado, que valorou a súa actuación. Peor sorte correu o seu compañeiro; Damion, xunto a Marta, serán os nominados para gala 6.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here