O polaco Kaluza, considerado un dos mellores porteiros do mundo, novo xogador do Burela FS

O Pescados Rubén tamén confirmou a continuidade de Joselito, que rescindiu o seu contrato co Palma Futsal

Kaluza. AXM

EFE. O Pescados Rubén Burela FS anunciou este mércores a incorporación do porteiro polaco Michal Marek Kaluza e a continuidade de José Antonio Macías, ‘Joselito‘.

Kaluza, internacional co seu país, procede do Rekord Bielsko-Biala, club de referencia en Polonia, ao que o cadro mariñao, que regresa á máxima categoría do fútbol sala español, agradeceu as facilidades dadas.

O novo gardameta do Burela cumprirá 21 anos este mes. Internacional polaco, no 2018 foi recoñecido como un dos mellores porteiros do mundo nos Futsal Umbro Awards, ocupando a novena posición.

CUARTA CARA NOVA

O novo porteiro do Burela é a cuarta incorporación no equipo galego xunto aos ás Álex Diz (Osasuna Magna) e Éverton (Santiago Futsal) e o pivote Nené (Meta Catania).

JOSELITO, EN PROPIEDADE

Ademais, a entidade laranxa confirmou o acordo ao que chegou con Joselito para que continúe no equipo. O xogador defendeu a camiseta laranxa en calidade de cedido polo Palma Futsal desde finais de xaneiro.

Joselito rescindiu o seu contrato co equipo mallorquín e seguirá en Burela o próximo curso. Na pasada campaña, anotou catro goles en doce partidos.

ONCE FUTBOLISTAS

Pope, MatamorosLuchoIago MíguezPitero, Luisma e Joselito continúan así do equipo que ascendeu a Primeira División. Coas incorporacións de Diz, Éverton, Nené e Kaluza, Juanma Marrube dispón xa de once futbolistas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here