InicioDeportesO Pescados Rubén FSF cumpre na pista do pechacancelas

O Pescados Rubén FSF cumpre na pista do pechacancelas

O cadro burelao gaña en Alacante (0-2) con goles de Bea Mateos, no minuto 2, e de Lara Balseiro, case ao remate do encontro

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF bateu a domicilio ao Xaloc Alacant, o pechacancelas da Primeira División, e sumou a sexta vitoria consecutiva. As discípulas de Julio Delgado e máis Lucas seguen cunha marcha impecable na máxima categoría, sen ceder un só punto.

O cadro burelao encarrilou axiña o encontro, no minuto 2, co 0-1 de Bea Mateos, que chegou xusto a tempo ao segundo pau para adiantar no marcador ao conxunto laranxa. O equipo burelao non tivo acerto para converter algunhas boas oportunidades e chegou ao descanso coa mínima vantaxe.

No segundo tempo, o cadro burelao optou polo xogo de cinco para tratar de aumentar a súa renda, pero non foi ata o minuto 37 cando Lara Balseiro, a pase de Peque, sentenciou o duelo. Con todo, o conxunto local tivo moitos problemas para achegarse á portería laranxa.

O ATLÉTICO TAMÉN GAÑOU

O Atlético Futsi Navalcarnero segue o ritmo do Burela FSF despois de gañar con rotundidade (1-7) o derbi de Majadahonda. O Ourense Envialia, único rival capaz por agora de seguir a estela dos dous grandes favoritos, xogará o vindeiro domingo en Bilbao (12.00 horas).

A vindeira fin de semana o cadro burelao recibirá ao Roldán.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...