O Kayak de Foz celebrará o domingo “a Travesía máis triste” en 58 anos de historia

Un total de 315 palistas de 30 clubs participarán na proba, que se disputa desde 1962; a entidade organizadora lembra que "historicamente obreiros de Aluminio formaron a nosa directiva"

Presentación da Travesía Ría de Foz. AXM

Este venres tivo lugar a presentación da 58 edición da proba de piragüismo Travesía Ría de Foz, que se celebrará o vindeiro domingo a partir das 11.00 horas. Será a competición “máis triste” polo anuncio de Alcoa dun despedimento colectivo na planta de aluminio de San Cibrao. “Historicamente todas as directivas do Club Kayak foron empregados da fábrica, polo que a pesar de estar anunciando unha competición histórica, é un dos días peores da nosa historia”, sinalou Nacho Romillo, presidente da entidade organizadora.

Romillo estivo acompañado polo responsable da área de Deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o alcalde de Foz, Fran Cajoto; o tenente de alcalde, Xavier Fanego; a concelleira de Deportes, Gema Méndez; e Pedro López, secretario da asociación A Ribeira.

ALTA PARTICIPACIÓN “NUN ANO DIFÍCIL POLA COVID-19”

A proba, que puntúa para a Liga Galega, contará este ano coa participación de 315 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, chegados de 30 clubs de Galicia e Asturias.

Romillo, valorou “moi positivamente a participación na proba tendo en conta que estamos no final da temporada, nun ano difícil para todos pola situación sanitaria”. A área de Deportes da Deputación, segundo concretou o goberno provincial nun comunicado, achega 7.000 euros á celebración da proba, que se celebra de forma ininterrompida desde 1962.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here