O programa de TV ‘La Resistencia’ réndese este xoves ao Burela FSF

Lara, Peque e Jozi estarán esta noite no late night que presenta o cómico David Broncano

Peque levanta a Supercopa. AXM

Unha representación do Pescados Rubén Burela FSF, elixido mellor equipo feminino de fútbol sala do mundo, estará este xoves no popular late night de Movistar+ La Resistencia (Cero, 00.00 horas).

A viveirense Lara Balseiro, a elixida como segunda mellor xogadora do planeta, Patricia González Mota, “Peque”, e a veterana porteira Jozi Oliveira protagonizarán o programa de televisión, que se emite a medianoite e presenta o cómico David Broncano.

La Resistencia grávase no teatro Arlequín, de Madrid, a onde se desprazaron as tres representantes do mellor equipo do mundo, un conxunto que non deixa de promocionar cos seus éxitos deportivos, e tamén cun convenio laboral pioneiro no deporte feminino estatal, a vila de Burela e a comarca da Mariña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here