O Pescados Rubén Burela FSF, premiado como o mellor equipo do mundo

Logo dun espléndido 2020, o cadro laranxa foi recoñecido como o máis forte de fútbol sala do planeta nos prestixiosos Futsal Awards

As xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF celebran a Copa Raíña. RFEF

O Pescados Rubén Burela FSF foi distinguido este martes como o mellor equipo de fútbol sala do mundo nos prestixiosos premios Futsal Planet Awards.

Así o anunciou a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) nun comunicado a través das súas redes sociais.

Nun espléndido 2020, as xogadoras do cadro laranxa sumaron os títulos de Liga, Copa da Raíña e Supercopa de España.

PEQUE E JULIO DELGADO, ENTRE OS MELLORES

Ademais, Peque foi nomeada a segunda mellor xogadora do mundo, só por detrás da brasileira Amandinha. O adestrador do conxunto mariñao, Julio Delgado, foi distinguido co segundo posto nun apartado que gañou Cristiane de Souza.

Ferrao e Andreu Plaza (do FC Barcelona) como mellor xogador e adestrador, o propio cadro catalán -mellor equipo- foron os outros premiados do Estado no certame.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here