InicioEconomíaPesca dá a coñecer o reparto provisional de cotas por arte e...

Pesca dá a coñecer o reparto provisional de cotas por arte e especie para 2019

A cota da cabala, tras aplicar a sanción por sobrepesca en 2009, queda nas 19.052 toneladas

Publicada o

- Advertisement -

O Boletín Oficial del Estado (BOE) publicou a resolución da Secretaría Xeral de Pesca coas cotas iniciais para 2019 para as distintas especies que se inclúen nos plans de xestión dos buques censados nos caladoiros do Cantábrico, Noroeste e Golfo de Cádiz.

Ademais, detállanse as cotas para os buques de arrastre de fondo que faenan en augas de Portugal.

Son as cantidades correspondentes ás cotas repartidas e asignadas a España no Consello de Ministros europeos de 2018, polo que se trata de cifras provisionais ata a publicación oficial do regulamento da Unión Europea (UE).

O pasado 18 de decembro, os ministros da UE alcanzaron un acordo sobre o reparto de cotas e capturas que, como principal novidade, permite á frota española manter os cupos de pescada tras catro anos sucesivos de recortes.

PESCADA

A pesca da merluza no Cantábrico e en augas de Galicia, portuguesas e do Golfo de Cádiz poderá manterse en 9.257 toneladas en 2019 para o conxunto da UE, das cales 5.923 para son para España, segundo destacou no seu día o ministro español de Agricultura e Pesca, Luis Planas.

Reparto de cotas. AXM

XARDA

No tocante á cabala ou xardaespecie fundamental para a frota de litoral, especialmente para cerco e arrastre-, España terá provisionalmente 19.052 toneladas. Nesta cantidade vén incluída a multa pola sobrepesca realizada no 2009.

OUTRAS ESPECIES

Para o xurelo, a frota española terá un cupo cercano ás 16.900 toneladas na zona 8c e de 24.323 na área 9a. A España corresponderanlle 1.727 toneladas de galo e 3.471 de rape.

DESCARTES

Ademais de ser provisionais, para avaliar as cifras deberán analizarse as dificultades que provocará a obriga de desembarque, que entrou en vigor este ano e que está a provocar problemas en especies como o besugo no caladoiro de Gran Sol.

Segundo advertiu a frota, a cota da cabala -considerada unha especie de ‘estrangulamento‘- supón a maior preocupación, pois trala aplicación da normativa de descartes cero pode obrigar aos barcos a amarrar.

Dada a cantidade de xarda que houbo nos últimos anos e a escaseza das cotas, unha embarcación pode alcanzar o tope anual de capturas nuns poucos días, coa novidade de que este ano non poderá devolver o peixe ao mar.

Do éxito da alternativa proposta pola UE, a creación dunha bolsa de intercambios con outros países para negociar especies, dependerá a valoración da frota da campaña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...