InicioEconomíaO Goberno pospón ata a vindeira lexislatura un reparto distinto da cota...

O Goberno pospón ata a vindeira lexislatura un reparto distinto da cota de xarda

Galicia e Asturias deberán agardar ata xuño, cando estea constituído o seguinte Executivo, para negociar o cupo

Publicada o

- Advertisement -

A reunión celebrada este xoves por representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), as comunidades autónomas e o sector pesqueiro polo reparto da cota de xarda non deixou satisfeito á frota galega, que ve como calquera tipo de decisión ao respecto pospúxose para a vindeira lexislatura.

Goberno central, Executivos autonómicos e federacións de confrarías acordaron a constitución dun grupo de traballo que analizará de novo en xuño a situación da pesquería da cabala no Cantábrico noroeste e as posibles alternativas ao modelo de xestión actual, que segundo as frotas galega e asturiana prexudica os seus intereses en beneficio de País Vasco e Cantabria.

O presidente da Federación de Confrarías de Lugo e tamén da agrupación de pósitos española, Basilio Otero, expón que a reunión non serviu para achegar posturas, e semella que serán difíciles os achegamentos, dado que a maior cota dunhas comunidades será en detrimento das outras. “O que quedou claro é que ninguén ten bastante“, indica.

Otero pide ao Executivo que se teñan en conta “máis criterios socioeconómicos” e que se rebaixe a importancia da historicidade nos baremos de puntuación para a asignación de cota. “A frota que ten o 90% das embarcacións de artes distintas ao cerco e ao arrastre leva o 17% de cupo“, resume.

A situación da xarda queda pois parada ata que entre o novo Goberno español, o que desactivará tamén probablemente calquera tipo de protesta –como a que houbo en Oviedo– polo que Asturias e Galicia consideran un reparto inxusto dunha pesquería fundamental. “As concentracións ten sentido facelas se hai un interlocutor, pero ata que pasen as eleccións xerais non o haberá”, expón Otero.

AS ARTES MENORES, DEPENDENTES

As artes menores son especialmente dependentes desta especie, que ten un carácter explosivo -no intre no que aparece o peixe, péscase en moita abundancia-, algo que se agrava ante a escaseza de cota da cabala.

En Pontevedra a pesquería da cabala rematou para estas embarcacións, e na Coruña está próxima a facelo. Por agora, as empresas da provincia de Lugo seguirán a faenar, dado que artellaron un cupo individual por barco -en función dos postos de traballo que ofrece cada un deles e doutros criterios- que xestionarán ao seu criterio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...